Tema 5: Dossier
Benvidas de novo benqueridas lectoras e lectores!
Hoxe falaremos do que se viu na clase sobre o tema 5, que
versa sobre o deseño curricular. Abrimos o tema cun breve debate en minigrupos onde
aclaramos o concepto de currículo, enumeramos elementos curriculares,
competencias clave e establecemos os graos de concreción curricular. No meu
minigurupo falamos sobre as cuestións mencionadas ordenadamente, cada unha daba
a súa opinión, engadía nova información ou corrixía a que estaba errada segundo
procedese. Finalmente comentamos os resultados co profesor e o resto das
compañeiras/os.
En grupos diferentes, deseñamos unha tarefa onde o alumnado traballase
tódalas competencias clave: os estudantes deberán organizar a festa de fin de curso e traballarán tódalas CC:
CL |
mediante debates para a escolla da temática, elaboración
das invitacións… |
CMCCT |
elaboración e xestión dun orzamento para mercar decoración
e comida. |
CD |
elaboración e envío de invitacións á festa en formato
electrónico. |
CAA |
investigación sobre os costumes e comidas dun país para
unha posta en común. |
CSC |
alumnado organizado en comités, deberán falar entre si para
poñer en común as decisións tomadas. |
CSIEE |
facer realidade as ideas da festa. |
CCEC |
temática baseada nalgún país de fala inglesa, a comida e as
decoracións deberán ir acordes coa temática. |
Finalmente traballamos co Kahoot en dúas ocasións diferentes: a primeira de forma individual e a segunda en equipo. O certo é que facer Kahoots a min nunca me resultou cómodo, e malia obter bos resultados e rematar no podio en ambas ocasións, sentía moita presión por errar nas miñas respostas. Isto pode ser debido a que son unha persoa moi pouco competitiva e algo tímida, polo que non me atopo a gusto nese tipo de situacións. Mais debo recoñecer que o Kahoot realizado en pequenos grupos foi moitísimo máis levadeiro ca o individual, como podíamos falar e debater as respostas, non sentía tanta presión nin tanta inseguridade polo medo a ser xulgada.
Por último dicir que malia os meus sentimentos con respecto ós Kahoot, é certo que aprendín moito coa realización das mesmas pois
con cada resposta o profesor aclaraba os conceptos, deste xeito, nas seguintes
rondas era máis doado avanzar.
Para este tema realizamos dúas presentacións, sempre
traballando por equipos e adquirindo coñecementos de forma cooperativa entre as
compañeiras e compañeiros. A primeira delas, foi traballada en pequenos grupos
que se especializarían nunhas ensinanzas concretas. No meu equipo traballamos
sobre o currículo das linguas estranxeiras na Formación Profesional, pero outros
grupos traballaron tamén sobre a ESO e o bacharelato. Nestas presentacións
debíamos avaliar mediante unha rúbrica o traballo das compañeiras doutro grupo,
aspecto moi salientable e complicado. Non resulta nada doado avaliar ás túas
compañeiras de clase de forma obxectiva, pero cunha rúbrica resulta algo máis
asequible.
A segunda presentación que realizamos versou sobre a EOI e empregando un método cooperativo conseguimos abarcar un temario moi amplo mediante a distribución dos diferentes puntos a cada persoa.
Gustaríame concluír dicindo que o emprego de metodoloxías
cooperativas ou grupais son moi útiles, podes abarcar moita materia en pouco
tempo e permitir que sexa o propio alumnado quen protagonice a súa propia
aprendizaxe.
Espero que vos gustase esta entrada. Ata a próxima!
Ola Paula!
ResponderEliminarPrimeiro quería dicirche que me encanta a idea que tivestes para que o alumnado traballe todas as competencias clave, a verdade e que non se me ocorrera esa tarefa e creo que me parece unha idea estupenda que ademais motiva ao rapaces xa que a todos lles gusta a festa. Por outro lado, comparto contigo a opinión sobre o Kahoot! e como tamén comentei noutros blogs, creo que é unha ferramenta coa que temos que ter coidado xa que tanto pode gustar como non. Na miña opinión, a mellor forma de empregala é como fixemos a segunda vez na aula, facendo mini-equipos, desta forma o alumnado poderá axudarse é non se sentirán tan avergonzados se fallan. Un saúdo.
Boas, María!
EliminarMoitas grazas polo comentario. :)
Si, opino o mesmo, cómpre ter coidado ó empregar este tipo de ferramentas, temos que mirar polo benestar do alumnado para non provocar que rexeiten ou se sintan a desgusto na materia. Por iso penso que traballala de forma colaborativa, coma ti ben dis, é a mellor forma de empregala.
Saudiña! :)