Tema 1 - Unha metodoloxía baseada na adquisión da linguaxe: TPRS!
Benvidas de novo benqueridas lectoras e lectores!
Nesta ocasión, a entrada que vos presento versará
sobre o TPRS. Quedaches como estabas?
Pois benvida ó club, hai ben pouco que escoitei o emprego deste termo e comecei
a navegar pola rede en busca de respostas que solucionases as miñas dúbidas.
Pois ben, eu estou aquí para que ti non teñas que pasar
os mesmos traballos ca min, nesta entrada xa volo teño todo resumidiño e ben
explicado polo que vos animo a botarlle un ollo se, coma min, descoñeciades a
existencia deste termo. Agora ide collendo provisións que vos agarda unha lectura,
dende o meu punto de vista, apaixoante!
Como xurdiu o TPRS?
O TPRS ou Teaching Proficiency through Reading and
Storytelling é unha metodoloxía educativa, de
carácter innovador, creada por un profesor de español en América, Blaine Ray, na
década dos noventa.
Foi unha creación «accidental», por dicilo dalgunha
maneira, na que o docente para motivar ó alumnado a que aprendesen castelán
comezou a empregar o método TPR (Total Physical Response), creado polo profesor
James Asher. Co tempo a metodoloxía que empregou Blaine Ray acabou por basearse
noutros métodos, malia estar baseada en principios similares á TPR. É por isto polo que non podemos falar
do TPRS sen primeiro saber de que
trata o TPR.
Que é o TPR?
O TPR, como
vimos de ver, é un método innovador na ensinanza das linguas estranxeiras.
Baséase na relación que o alumnado fai entre unha acción e unha palabra; por
exemplo: A figura docente di unha acción en voz alta (listen) e acto seguido o alumnado realiza os xestos correspondentes
(levar o dedo índice ó oído para remarcar a acción de escoitar). Para
simplificalo un pouco, unha actividade baseada na metodoloxía do TPR podería ser o xogo Simon Says, pois consiste en realizar a acción previamente indicada,
neste caso pola figura docente.
É unha mágoa pero, como todo, o TPR tamén ten as súas limitacións e, á hora da ensinanza de conceptos
máis abstractos, mesmo relacionados coa gramática, é un método complexo de
aplicar. Da necesidade para axustar este método, e que así fose aplicado dunha
maneira máis ampla para tratar diferentes contidos, xorde o TPRS.
En que consiste o TPRS?
O TPRS consiste
na aprendizaxe mediante a aplicación práctica do idioma, é dicir, mediante unha
conversa, ou historia, que xire ó redor dun contexto o cal enmarcará todas as
accións narradas. Desta forma o alumando aprenderá mediante o emprego das
diferentes estrutura nun contexto, á vez que sen decatarse aprenden gramática e
vocabulario de forma lúdica e dinámica, onde o alumnado é o protagonista da súa
propia aprendizaxe. Este método ou forma de ensino moldéase á personalidade, tanto
da persoa docente coma do alumnado favorecendo así resultados óptimos para
ámbalas partes, pois se centra na adquisición da linguaxe no canto da
aprendizaxe tradicional do mesmo.
Como aplicar o TPRS na aula?
Pode que tras esta explicación sigades algo confusas e
confusos no tocante á aplicación deste método na aula, pois ben, agora veremos
como podemos facer! O TPRS consta de tres sinxelas fases:
- Establecer o vocabulario e o seu signinficado
- Crear a historia, sendo a docente unha guía ou moderadora.
- A lectura!
1.- Vocabulario + significado |
Nesta fase todo está permitido! Convén traballar, como máximo, dúas ou tres estruturas novas en cada historia e é recomendable empregar a linguaxe non verbal (xestos) para relacionar o diferente vocabulario coa súa correspondente tradución.
A continuación a docente terá o rol de moderadora, pois irá guiando a historia mediante a narración propia do alumnado. A profesora neste caso só establecerá unhas guías ou pautas para encamiñar a historia e manter ó alumnado interesado na realización da actividade. Nesta parte, o alumnado porá especial atención na mensaxe que se está a transmitir e na comprensión total, se é posible, da historia narrada.
2.- Escribamos a nosa historia! |
3.- Ler para comprender |
Para algúns membros do equipo docente tamén é importante
realizar debates na aula que axuden á adquisición do vocabulario e das
estruturas. Este proceso pode ser aplicado durante as tres fases e mesmo para debater
cousas diferentes!
Como conclusión… debo dicir que este é un tema sobre o que me encantou
investigar e aprender! Estou desexando poder poñelo en práctica e estimular e
motivar ó alumnado empregando esta metodoloxía á vez que lle dou o meu propio
toque persoal! Espero que vos gustase e que, coma min, queirades comezar a aplicar
canto antes este método baseado na adquisición da linguaxe de forma dinámica
nas vosas aulas!
Isto é todo por hoxe, ata a próxima!
Para saber máis...
- Recomendo a visualización dun vídeo realizado por Hélène Colinet (a partir do minuto 01:02) no que explica un pouco o TPRS. Podedes acceder pinchando aquí!
- Tamén podedes botarlle un ollo ás seguintes webs:
Noraboa por esta publicación, Paula! Pareceume súper interesante o tema e creo que o explicaches dun xeito moi entretido :). Creo que é fundamental que a ensinanza de linguas teña un enfoque máis práctico. Isto é evidente sobre todo cando tratamos con nenos e nenas, cos que un dos maiores retos na miña opinión é manter a súa atención. Ademais, pola miña experiencia sempre aprenden máis cando non son conscientes de que están "aprendendo", e métodos como o TPRS poden ser tremendamente útiles. Porén, a verdade é que creo que non debe ser doado aplicalo na clase, xa que parece que este método ten un compoñente moi grande de creatividade e de saber motivar ós estudantes. Como todo, é algo que se pode practicar pero creo que para aplicar este método é necesario ter as actividades ben planeadas e organizadas de antemán. Un saúdo e grazas por compartir esta información connosco!
ResponderEliminarMoitas grazas polo teu comentario Silvia! :)
EliminarEstou de acordo contigo, un enfoque máis práctico da ensinanza de linguas estranxeiras é un paso na direción correcta, pois é unha forma innovadora de atraer e manter o interese do alumnado pola materia.
Comezar sempre é o máis difícil, e inda que tamén é importante a creatividade, o traballo duro e o impulso de querer mellorar como docente poderán facilitar enormemente a aplicación destes métodos nas aulas.
Alégrome de que che gustase a entrada, ata a próxima! :)
Ola Paula,
ResponderEliminarEncántame esta publicación e como explicas o método que, efectivamente, para min tamén era un concepto novo ata fai escasos minutos. Sen dúbida concordo contigo sobre as ganas de por en práctica estas novas metodoloxías para evitar as clases de idiomas aburridas e repetitivas que tantos de nós sufrimos ao longo da nosa vida académica. Do mesmo xeito, tamén penso que o alumnado aprende máis cando non se da conta de que o está facendo, como dí SIlvia no comentario anterior, e un enfoque máis práctico das linguas é fundamental. Con todo, creo que o método que explicas dame a sensación de que quizáis teña algunhas limitación con respecto ao número de alumnos. A calidade educativa, en xeral, soe mellorar cun grupo reducido de alumnos, pero este tipo de sistema require manter ao alumnado enganchado á actividade e claro, canto máis son máis complexo é. Non sei, se cadra na práctica levo unha sorpresa. Supoño que é cuestión de práctica e imaxinación na aula. Como ti ben dis, este dinámico método hai que probalo.
Unha aperta grande!
Boas, Sofía!
EliminarSi, tes razón, pode que este método se vexa limitado con respecto á capacidade de atención do alumnado nun grupo grande, pero sempre se pode intentar adaptalo para que se axuste ás necesidades específicas do alumnado co que se traballe.
Saudiña! :)