Tema 6: Dossier
Benvidas de
novo benqueridas lectoras e lectores!
Hoxe vouvos
comentar e amosar as actividades que realizamos durante o tema 6 da materia de
Linguas Estranxeiras no Contexto nacional e internacional.
O noso primeiro
contacto co temario foi unha explicación, por parte do docente, sobre os
elementos que compoñen unha programación e do que é necesario ter en conta para
elaborar unha de cara ás oposicións. Tamén se nos explicaron os requisitos e os
puntos que se dan a maiores nas oposicións e amosóusenos a rúbrica coa que se
avalían as programacións, analizando de forma pormenorizada cada un dos seus
apartados.
Así demos paso á
primeira actividade: avaliar, en minigrupos unha programación real dunha
materia e curso específicos, xa sexan da Educación Secundaria Obrigatoria
(ESO), do bacharelato, da Formación Profesional (FP) ou da Escola Oficial de
Idiomas (EOI). O meu equipo decantouse pola programación
de 2º de bacharelato da materia de inglés do IES As Barxas. Tras escoller a
programación a analizar, elaboramos un documento onde recollemos a análise pormenorizada
que facemos dos elementos que conforman a devandita programación e analizamos,
asemade, se cumpre cos criterios
de avaliación mínimos establecidos para as oposicións. Elaboramos tamén
unha presentación que acompañase a nosa exposición oral na clase, na que
explicamos que a programación escollida non cumpre cos mínimos establecidos
polos criterios de avaliación para as oposicións. Deixo por aquí a presentación
por se lle queredes botar un ollo á nosa análise! J
Esta actividade
foi moi interesante pois valeu para ver de forma práctica como se elaboran as
programacións nun centro real e determinar por nós mesmos como a queremos
realizar. Persoalmente, sorprendeume enormemente ver que as programacións fosen
tan diferentes entre centros (e mesmo nun centro en concreto, se me apuras) e
que non seguisen as pautas xerais que se establecen para as oposicións.
Espero que cos
gustase esta entrada. Ata a próxima!
Comentarios
Publicar un comentario