Saltar ao contido principal

Publicacións

Destacados

Didáctica das Linguas Estranxairas - Tema 11

       Benvidas de novo benqueridas lectoras e lectores! Como futuras e futuros docentes unha parte moi importante do noso traballo vai consistir na avaliación. Malia o que pensen algúns, a avaliación non consiste única e exclusivamente en poñer unha nota, pois avaliar non é cualificar. Nesta entrada falaremos sobre os diferentes tipos de avaliación e os instrumentos que podemos empregar para facela. Comecemos polo doado, como vimos de dicir avaliar non é cualificar . Podemos dicir que a cualificación é unha nota que se lle da a unha alumna ou alumno como resultado dun traballo determinado. A avaliación , pola súa banda, consiste nun proceso máis complexo que se basea na recollida sistemática de datos. Estes datos son de gran importancia para nós pois nos axudan a tomar decisións con respecto ó proceso de ensinanza-aprendizaxe. Algunhas desas decisións inclúen determinar se é preciso cambiar a metodoloxía que se emprega nas aulas ou mesmo se hai problemas de aprendizaxe no alumnad

Publicacións máis recentes

Didáctica das Linguas Estranxeiras - Tema 3

Didáctica das Linguas estranxeiras - Tema 1