Didáctica das Linguas Estranxairas - Tema 11

     Benvidas de novo benqueridas lectoras e lectores!

Como futuras e futuros docentes unha parte moi importante do noso traballo vai consistir na avaliación. Malia o que pensen algúns, a avaliación non consiste única e exclusivamente en poñer unha nota, pois avaliar non é cualificar. Nesta entrada falaremos sobre os diferentes tipos de avaliación e os instrumentos que podemos empregar para facela.

Comecemos polo doado, como vimos de dicir avaliar non é cualificar. Podemos dicir que a cualificación é unha nota que se lle da a unha alumna ou alumno como resultado dun traballo determinado. A avaliación, pola súa banda, consiste nun proceso máis complexo que se basea na recollida sistemática de datos. Estes datos son de gran importancia para nós pois nos axudan a tomar decisións con respecto ó proceso de ensinanza-aprendizaxe. Algunhas desas decisións inclúen determinar se é preciso cambiar a metodoloxía que se emprega nas aulas ou mesmo se hai problemas de aprendizaxe no alumnado e se deben facer actividades de reforzo. Tamén podemos ver se o ritmo da clase non se adecúa ó nivel das actividades ou se a temática das mesmas funciona no grupo-aula e como non, tamén son útiles para cualificar.

Unha vez aclarado o que significa avaliar, procedamos a falar sobre os tipos de avaliación que hai. Segundo o momento no que se avalía podemos distinguir entre avaliación inicial, avaliación continua e avaliación final. Segundo a finalidade que se ten á hora de avaliar, podemos distinguir entre diagnóstica, formativa e sumativa. E segundo o axente que a realice podemos distinguir entre autoavaliación, coavaliación e heteroavaliación. Finalmente, segundo o método podemos diferenciar a avaliación cuntitativa, a avaliación cualitativa e a avaliación cualitativa-cuantitativa. Acabas de quedar algo pampa, non si? Xa sei que son moitos termos, pero non te preocupes que, agora que os clasificamos un pouco, xa che podo adiantar que nos imos centrar nos tipos de avaliación segundo a súa finalidade e nalgún dos axentes que a realizan.

A avaliación diagnóstica consiste na recolecta de datos do coñecemento previo do alumnado para saber onde continuar o proceso de ensinanza-aprendizaxe. Deste xeito, familiarizarémonos co nivel que se teña (tanto oral como escrito) e se poderán concretar uns obxectivos realistas tendo en conta o Portfolio Europeo das Linguas. Se, coma min, tendes curiosidade por realizar o voso propio perfil lingüístico podedes facelo premendo nesta ligazón. Nesa páxina, unha vez creada unha conta de usuario, deberedes cumprimentar unha serie de formularios coa vosa información persoal e finalmente poderedes xerar un documento onde se expoña a vosa destreza nos diferentes campos, entre outras cousas.

Pasemos a falar da avaliación formativa. Esta consiste en facer un seguimento da aprendizaxe do alumnado para proporcionar un feedback continuo que poida axudar a mellorar a adquisición e retención dos coñecementos. É de vital importancia que o feedback que proporcionemos como docentes sexa adecuado, é dicir que non cualifique a unha alumna ou alumno, mais que proporcione información relevante nos aspectos a mellorar (ou non) e que lle permita ó alumnado en cuestión reflexionar sobre os resultados.

Mais, como podemos avaliar ó noso alumnado en diferentes destrezas? Hai moitos instrumentos que podemos empregar mais centrarémonos nas rúbricas. Actualmente hai moita desinformación con respecto a este tipo de instrumento pois hai persoas que denominan como rúbirca a algo que non o é. Por este motivo penso que é relevante explicarvos o que é unha rúbrica e a que elementos debemos prestar especial atención á hora de creala. Imos aló! Unha rúbrica é un instrumento de avaliación que establece uns criterios coherentes para o traballo do alumnado e cómpre que inclúa descricións dos niveis de calidade de actuación neses criterios. Para que poidades entendelo mellor déixovos aquí unha que elaboramos para unha actividade de mediación recollida na entrada anterior: Travelling in times of COVID!

(Preme aquí para ir ó documento que recolle o texto da imaxe)

Pois ben, tendo en conta a imaxe, podedes ver que hai diferentes niveis que van do número 1 ó 3  e que determinan o nivel de destreza ó que chegou o alumnado atendendo ós diferentes criterios establecidos (a parte azul da táboa). É moi importante que tanto o establecemento dos criterios como dos obxectivos sexan transparentes e claros así como tamén coherentes co nivel da aula e as actividades que se estean a realizar. Para que o alumnado acade uns bos resultados na aprendizaxe e saiban que é o que se lles esixe facer, podemos deseñar con eles tanto os criterios como os descritores de nivel na rúbrica.

Ademais das rúbricas, o alumnado tamén pode facer unha autoavaliación dos coñecementos que se adquiren ou mesmo unha coavaliación coas compañeiras e compañeiros de aula. A autoavaliación é moi útil para que o alumnado reflexione sobre o que realmente sabe ou non da materia. A coavaliación é das miñas favoritas pois o feedback entre o alumnado fomenta o traballo en equipo e poden aconsellarse mutuamente sobre como mellorar dende as súas propias perspectivas. Por suposto, o mesmo pode ser aplicado entre docentes, como ben vimos durante as aulas.

Finalmente chegamos á avaliación sumativa que consiste na suma dos resultados dos medios de avaliación empregados. É certo que neste tipo de avaliación si que se adoita cualificar pois mide todos os resultados acadados durante o curso sobre os coñecementos adquiridos mediante diferentes probas (exames, traballos, etc.).

Gustaríame rematar esta entrada destacando a importancia do feedback e tamén dunha boa elaboración das rúbricas. Persoalmente penso que se a comunicación co alumnado é axeitada e argumentamos os puntos de mellora ou tamén os felicitamos naqueles aspectos que levan ben, o feedback será unha das maiores ferramentas que poidamos empregar para mellorar a aprendizaxe do noso alumnado. Tamén penso que, malia seren un proceso algo complexo, a elaboración dunha rúbrica co alumnado pode facilitar enormemente que este estea motivado para aprender e acadar os diferentes obxectivos, pois saberá que é o que debe facer para conseguir as súas metas. Dende aquí tamén vos animo a probar a autoavaliación e a coavaliación pois tras ser discutidos na aula en minigrupos, chegamos á conclusión de que poden chegar a ser moi beneficiosas para a aprendizaxe do alumnado. (E mesmo para mellorar nós coma docentes.)

Espero que aprendérades tanto coma min durante esta entrada. Para calquera dúbida, abaixo tendes a sección de comentarios!

Ata a próxima! J

Comentarios

  1. ¡Hola! ¿Cómo estás? :)

    Pues la verdad es que a mí me asusta un poco el tema de la evaluación. El otro día, cuando intentamos hacer una rúbrica, me pareció bastante difícil. Aunque también entiendo que es la primera vez. Supongo que como alumna sé bien lo que disgusta una mala nota o que te evalúen de forma injusta, así que no me gustaría pasar por eso con un alumno.

    Como tú dices, la diferencia entre evaluar y calificar es importante. Me gustaría mucho que la evaluación se centrase más en ayudar al alumno a mejorar e informarle (y ayudarle) sobre lo que debe reforzar, pero no simplemente poner una nota y ya. Eso me ha pasado mucho a lo largo de mi infancia y fomentaba demasiado la competitividad y, a veces, malos sentimientos. Eso se debía a que muchas veces no entendías por qué tenías esa nota o en qué se basaba el profesor.

    Como todo, la enseñanza va avanzando en cada una de sus partes y en ésta también. Así que habrá que mejorar en la elaboración de rúbricas y encontrar otros buenos métodos de evaluación que ayuden y motiven al alumno a seguir mejorando.

    ¡Un abrazo!

    ResponderEliminar
  2. Ola, Paula!
    Parabéns por esta entrada tan ben estruturada e tan completa, un gusto lerte! 😊
    Pareceume moi interesante a matización que incluíches sobre os diferentes tipos de avaliación segundo o momento no que se avalía, a finalidade e o axente avaliador, queda súper clariño e ben explicado. Por outra parte, concordo contigo na reflexión que fas sobre a importancia da retroalimentación positiva e o poder que exerce no desempeño do alumnado. Penso que este aspecto é algo que deberiamos traballar máis como futuros docentes antes de lanzarnos ao mundo laboral, xa que pode ter un impacto moi grande no proceso de ensinanza-aprendizaxe, non só para os alumnos/as senón tamén para o noso propio desenvolvemento. Con respecto á actividade de creación dunha rúbrica, un pracer poder compartir grupo e intercambiar ideas e opinións, a verdade é que foi súper interesante afondar neste concepto a través da práctica e caer na conta por nós mesmas dos erros nos que podemos caer facilmente á hora sobre todo de redactar os descritores para cada un dos niveis. Seguiremos traballando duro para mellorar neste sentido!
    Unha aperta e boa fin de semana😉

    ResponderEliminar
  3. ¡Hola, Paula!
    Felicidades por tu entrada, ¡está genial! Has resumido muy bien todo lo que vimos en clase, es muy completo y está genial explicado.
    La rúbrica que habéis hecho también me parece que está muy bien. A mí creo que es la actividad que me pareció más difícil, sobre todo la parte de escribir vocabulario más específico y creo que vosotras con eso habéis hecho un gran trabajo.
    En cuanto a lo que comentas de la coevaluación, yo al comienzo de la clase tenía mis dudas, pero después de verlo más detalladamente coincido totalmente contigo en que es muy interesante, porque además los otros estudiantes muchas veces se dan cuenta de cosas que los docentes no ven y pueden aportar ideas que de otra forma se perderían.
    Por último, también me ha gustado mucho que hayas terminado resaltando la importancia del feedback y del formato que empleemos. Estoy totalmente de acuerdo contigo en que como docentes es una de las mejores herramientas que existen para motivar al alumno y conseguir que aprenda.
    Un saludo :)
    Ana

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares