Didáctica das Linguas Estranxeiras - Tema 3
Benvidas de novo benqueridas lectoras e lectores!
Na entrada de hoxe imos ver un dos temas de maior interese: o deseño de
actividades para o noso alumnado. Imos falar de todo tipo de actividades,
hainas de mediación, de comprensión, de expresión e de interacción (tanto orais
coma escritas) e que ademais foron realizadas durante as sesións, pois como
mellor se aprende é facendo.
Comecemos por falar sobre a mediación, mais antes de meternos de cheo coas
actividades expliquemos un pouco en que consiste mediar. O Companion Volume
recolle un montón de información sobre este termo. Segundo a definición das
compañeiras recollida no glosario (tendo como referencia o Companion
Volume que mencionamos antes) a mediación
é «unha actividade de adaptación e reformulación da lingua mediante a que un
usuario desa lingua fai posible a comunicación lingüística, xa sexa oral ou
escrita, entre dúas ou máis persoas que son incapaces de comunicarse entre si
directamente polo motivo que sexa. Pode ser intralingüística de producirse dentro
do mesmo idioma ou interlingüística entre dous idiomas diferentes».
Tendo en conta o que vimos de mencionar o meu grupo deseñou unha actividade
titulada Travelling
in times of COVID!. Como o seu propio nome indica, o tema xira ó
redor desta enfermidade que tanto nos está a afectar. O alumnado actuará como un
axente mediador explicándolle ós avós británicos dun dos alumnos da aula que
precaucións se deben tomar á hora de viaxar nos tempos que corren e as medidas
de seguridade que deben seguir. Para conseguir o seu propósito deberán
traballar en equipo, primeiro en grupos pequenos e logo en gran grupo. Deberán
resumir coas súas propias palabras unha infografía
do ministerio de sanidade que posteriormente traducirán. Cada compoñente do
grupo terá un rol específico (voceiro, experto, buscador, secretario e
moderador) e desempeñará as súas funcións en momentos chave para favorecer unha
boa comunicación. Se queredes saber máis, déixovos aquí
un enlace para acceder á nosa actividade, na que explicamos de forma
pormenorizado o que o alumnado vai facer e como o fará.
A seguinte actividade que realizamos foi unha de comprensión oral, titulámola The Thanksgiving Slap. Esta actividade baséase na visualización do tráiler dun capítulo da seria americana How I Met Your Mother.
No noso caso, deseñamos tres tipos de actividades que clasificamos en actividades de pre-comprensión, actividades de comprensión durante a escoita e actividades de post-comprensión. As actividades de pre-comprensión introducen a temática do vídeo. As que teñen lugar durante a escoita consisten nunha escoita extensiva (en primeiro lugar) e intensiva mentres o alumnado cubre un fill in the gaps e a docente detén o vídeo en puntos clave. Finalmente, as que teñen lugar tras a visualización do vídeo consisten na tradución de tres termos inventados e no uso do pensamento crítico do alumnado. Malia seren boas actividades o nivel que escollemos era moi baixo polo que esta actividade estaría mellor para alumnado cun nivel C1. Por se a queredes poñer en práctica déixovos por aquí a actividade que deseñamos de forma detallada.
En resumo, este tema resultou ser o que máis interesante me pareceu. Mediante a realización das diferentes actividades e o feedback (aspecto de gran importancia, como veremos na próxima entrada) da docente conseguín aprender a deseñar diferentes tipos de actividades. É obvio que inda teño moito camiño que percorrer e moitas actividades que deseñar pero a achega que se fixo a este tema foi da mellor forma posible. Complementouse a teoría con diferentes exemplificacións prácticas onde puidemos comprobar por nós mesmas todo o traballo previo que hai detrás das actividades. Espero que aprendésedes tanto coma min! Para calquera dúbida, xa sabedes como poñervos en contacto. Ata a próxima! J
Hola Paula! Me gustó mucho tu entrada que resume perfectamente lo que tratamos en este tema 3. A mí también es el tema que más me ha gustado ya que lo que tratamos e hicimos es muy útil y concreto. Siento que he aprendido mucho y que sobre todo cosas que sin duda me servirán.
ResponderEliminarMe quedo con vuestra actividad de mediación que me pareció interesante ;)
Saludos!
Boas, Léopoldine!
EliminarAlégrome moito de que che gustase a entrada, pero sobre todo de que che pareza interesante a actividade que propuxemos para a mediación!
Biquiños! 😘
Ola, Paula!
ResponderEliminarAntes de nada, quería felicitarche pola túa entrada, resumiches e analizaches á perfección as tres sesións dedicadas a este tema. Encántame o teu estilo á hora de escribir, resúltame bastante ameno e mesmo pedagóxico.
Con respecto ás actividades que realizaches, a de mediación é realmente actual e relevante. Non me estrañaría que terminases levándoa á práctica cos teus futurxs alumnxs. Do mesmo xeito, pareceume moi interesante o feito de que incluísedes un rol para cada compoñente, ao estilo da aprendizaxe baseada en proxectos, é unha forma intelixente de fomentar a motivación e implicación de todxs e que ninguén perda interese.
De novo: parabén!
Un abrazo,
María
P.D Pardon my gallego incipiente 😊
Boas, María!
EliminarEn primeiro lugar... WOW, parabéns polo galego, xa escribes mellor que moita xente que coñezo. Alégrome moito de que che guste o idioma e que te expreses tan ben nel! 😊
Moitas grazas polo teu comentario, non sabes canto me alegra que che gustase non só o contido, se non tamén a redacción, pois penso que é interesante manter ó lector entretido mentres lle soltas a parrafada que toque nese momento.
Encántame que vexas a actividade que propuxemos como interesante, pareceunos que a mellor maneira de tratar un tema non moi agradable da forma máis levadeira posible era en grupos e establecendo diferentes roles en cada un.
De novo, moitas grazas, e parabéns polo teu galego! Un biquiño! 😘