Tema 4: Do we think differently in different languages?
Benvidas de novo benqueridas lectoras e lectores!
A entrada de hoxe xirará ó redor dunha pregunta: Do we think differently in different languages? Escollín este tema debido á curiosidade persoal que sentía como individuo trilingüe (en inglés, castelán e galego), que tamén ten un domino medio doutras linguas (francés e portugués), sobre o tema e necesidade de atopar unha resposta a esta incógnita. Por isto, atoparedes máis abaixo unha presentación realizada en Canva que explicará os diferentes puntos de vista e opinións que existen con respecto a este tema.
Comezaremos falando sobre o concepto da lingua tendo en conta a cultura e a necesidade para comunicarse e relacionarse que ten o ser humano. Tamén comentaremos os diferentes
tipos de falantes que hai e os expertos que se centran en cada un deles para atopar unha resposta á pregunta proposta no inicio da presentación.
Por unha banda, Whorf e Lera Borodistky céntranse nos falantes monolingües
para argumentar a súa resposta e, por outra banda, a Dr. Aneta Pavlenko basearase nos estudos de falantes bilingües ou multilingües coa mesma finalidade.
Cara o final da presentación, comentarei por riba a miña experiencia e vivencias persoais con respecto ás situacións mencionadas, pois é un tema que co que me sentín identificada en certos aspectos. Finalmente presentarei unha serie de conclusións e a bibliografía, que tamén inclúo ó final desta entrada para que poidades acceder ás ligazóns de interese dunha forma máis doada.
Do we think differently in different languages? by Paula Carballo
Espero que vos gustase, ata a próxima!
Bibliografía:
Babbel USA. (2020). Linguistic Relativity: Does Your
Language Change How You See The World? [Video]. Retrieved from
https://www.youtube.com/watch?v=PqM7Q_Y2M7E&ab_channel=BabbelUSA
BBC Ideas. (2020). Do we think differently in
different languages? [Video]. Retrieved from https://www.youtube.com/watch?v=XINQvKbqzq0&ab_channel=BBCIdeas
Does the language I speak influence the way I think? |
Linguistic Society of America. (2020). Retrieved 17 December 2020, from
https://www.linguisticsociety.org/content/does-language-i-speak-influence-way-i-think
Spivey, M., Joanisse, M., & McRae, K. (2012). The
Cambridge handbook of psycholinguistics (p. Chapter 31). New York: Cambridge
University Press.
TED. (2017). How language shapes the way we think |
Lera Boroditsky [Video]. Retrieved from
https://www.youtube.com/watch?v=RKK7wGAYP6k&ab_channel=TED
TED-Ed. (2020). The benefits of a bilingual brain -
Mia Nacamulli [Video]. Retrieved from https://www.youtube.com/watch?v=MMmOLN5zBLY&ab_channel=TED-Ed
Wright, J. (2020). Do You Think Differently in Different Languages? | Pedal Chile |. Retrieved 17 December 2020, from https://pedalchile.com/blog/language-thought
Comentarios
Publicar un comentario